Congreso Internacional Ciencias da saúde animal (e humana) na Idade Media europea: autores, textos e contextos
Inscrición
Todo aquel que desexe solicitar un certificado de asistencia (por un total de 25 horas) deberá inscribirse antes do 24 de setembro de 2018, enviando cuberto o boletín de inscrición e o correspondente xustificante de pago ao correo electrónico saudemedieval@gmail.com. Para recibir o certificado deberá asistirse con aproveitamento ao 80% das sesións do coloquio e asinar os preceptivos controis de asistencia.
Os dereitos de inscrición fíxanse en 15 €. A inscrición farase efectiva mediante ingreso ou transferencia á conta bancaria da Universidade de Santiago de Compostela do Banco Santander Central Hispano con IBAN ES40-0049-2584-9022-1400-2210, sinalando como concepto da operación “Cota congreso saúde medieval” e indicando claramente o nome do asistente.
A inscrición será gratuíta para os doutorandos dos Programas de Doutoramento en Estudos Medievais; Estudos da Literatura e da Cultura; Historia, Xeografía e Historia da Arte, e Medicina e Sanidade Veterinaria e para as persoas vinculadas á Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares. Con todo, rógase aos doutorandos e investigadores con dereito a inscrición gratuíta que tamén envíen o boletín de inscrición cuberto ao correo electrónico saudemedieval@gmail.com.