Conferencia “Travestismo y emancipación femenina…”
Profesora: Guiovanna Santini (Università della Tuscia-Viterbo) Data: 17 setembro Hora: 13.00 Aula: C02
Profesora: Guiovanna Santini (Università della Tuscia-Viterbo) Data: 17 setembro Hora: 13.00 Aula: C02
El Comité organizador del IX Congreso Internacional de la SEMYR La literatura y las otras artes ha hecho público el programa oficial del encuentro (descargar archivo)
Jornada d’estudis El Cançoner Colocci-Brancuti i el Cançoner Gil: dos tresors retrobats Institut de Llengua i Cultura Catalanes, Universitat de Girona Girona, 29 de maig de 2024 – Sala de Juntes, Facultat de Lletres (1er pis) Comitè organitzador: Fabio Barberini i Miriam Cabré – Secretaria: Irene Capdevila Arrizabalaga Programa
Conferencia internacional, 15-17 de maio de 2024, 15.00 horas – O evento terá lugar na Accademia Nazionale dei Lincei (Palazzo Corsini en Via della Lungara 10, Roma). Programa
Mar, 03/05/2024 Lugar Institut d’Estudis Catalans / Universitat de Barcelona Relatores Meritxell Simó Esther Corral Programa Dimarts 5 de març Sala Nicolau d’Olwer de l’Institut d’Estudis Catalans (C/ del Carme 47) 17:00-17:30. Inauguració: a càrrec de la Presidenta de l’IEC, Teresa Cabré i Castellví, amb intervencions de Ramon Pinyol i Torrents (President de la Secció […]
Mulleres con poder: abadesas e monxas cistercienses en Portugal. Profesor: Luís Rêpas (Universidade de Coimbra -CHSC- / Instituto de Estudos Medievais -NOVA/FCSH-) Lugar: Aula 13 (Facultade de Xeografía e Historia) Día: 7 de febreiro Horas: 16 a 18 h. Organiza: GI-1350 (Románicas) Actividade formativa, desenvolta no marco do proxecto Voces, espacios y representaciones femeninas en […]
Modelos corteses y anticorteses en la fábula política del humanismo: entre Petrarca y Bruni Profesor: Juan Miguel Valero Moreno (Universidad de Salamanca – IEMYR) Lugar: Facultade de Xeografía e Historia Aula: 3 Hora: 18 – 20 horas Organiza: GI-1350 (Románicas)
Los primeros pasos del canto cortés: historia y geografía. Profesor: Paolo Canettieri (Università La Sapienza – Roma) Lugar: Aula C02 (Facultade de Filoloxía) Día: 6 de novembro Hora: 13 h. Organiza: GI-1350 (Románicas)
La clasificación del catalán en el conjunto de las lenguas romances Profesor: Fernando Sánchez Miret (Universidad de Salamanca) Lugar: Aula C07 (Facultade de Filoloxía) Día: 17 de outubro Hora: 13 h. Organiza: GI-1350 (Románicas)
Abel Lorenzo Rodríguez (USC) Unha serie de catastróficas desgrazas? Fontes e recursos para o estudo da violencia feminina na Idade Media Araceli Luna Magariños (USC – UFRJ – Brasil) “Per vus dizer meu mal ascondudo”: mulleres e violencia nas cantigas galego-portuguesas Día: 20 de decembro de 2022 (11 h. a 13 h.) […]
Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas – Brasil – ), “A muller negra na lírica galego-portuguesa” (12h.) 15 setembro 2022, Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela.
Maria Ana Ramos (Univesidade de Zürich), “Iconografía trobadoresca. Imaxes femininas e musicais” (11 h.) 14 setembro 2022, Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela.
António Resende de Oliveira, “Cancioneiros, cantigas e documentos na reconstrução das biografías trovadorescas”, (16 h) 9 setembro 2022
Organizado por Esther Corral Díaz e impartido pola Profª Meritxell Simó Torres, desenvolta dentro do marco do proxecto Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa, financiado polo GI Románicas – 1350.
Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan transcendental para a historia e as letras hispánicas do século XIII como é a de Afonso X. Non obstante, cando o especialista se achega a súa figura, bate cunha zona de sombras que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en […]
PalMed (www.cirp.gal ) é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. A súa finalidade é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico. Co obxectivo de que a realidade “material” dos manuscritos […]
A Università di Siena organiza o 28 e 29 de maio de 2020 o Congreso Límites? Sobre a permeabilidade dos espazos limítrofes, que abordará o concepto de «límite» nos textos literarios románicos compostos ata finais do século XIV desde tres niveles específicos: os límites entre xéneros e contaminacións estilísticas, as isoglosas e as linguas fronteirizas […]
O volume Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica, coordinado por Mariña Arbor, ofrece unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha […]
A profesora da Queen Mary – University of London Jane Whetnall impartirá o seminario La dama del cancionero: poeta, lectora, musa y mecenas o xoves 28 de novembro a partir das 16.30 h na Aula C04 da Facultade de Filoloxía.
O seminario Vientos del Este, Vientos del Oeste: influencias mutuas nos albores da lírica trobadoresca peninsular, abordará o xoves 24 de outubro na Facultade de Filoloxía a cuestión do mecenádego e actividade cultural promovida nas cortes catalano-aragonesas e nas grandes casas nobiliarias do noroeste peninsular durante a plena Idade Media, sinalando aqueles trobadores que puideron […]
O III Congreso Internacional O Camiño do Medievalista: e fazian fondamentos, que terá lugar en Santiago de Compostela en abril de 2020, abre o prazo de presentación de comunicacións ou mesas redondas. As propostas poderán enviarse ata o 20 de decembro de 2019. Máis información
O primeiro número da serie dixital ArGaMed, O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica, de Elvira Fidalgo Francisco e Antonio Fernández Guiadanes, está dispoñible para a su consulta na web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A publicación ofrece a transcrición paleográfica do Manuscrito de Florencia das Cantigas […]
O VIII Congreso de la Semyr terá lugar do 2 o 4 de setembro de 2020 en Santiago de Compostela baixo o título La trama del texto. Fuentes literarias y cultura escrita en la Edad Media y el Renacimiento. O prazo para a presentación de comunicacións permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2019. Máis […]
A Área de Filoloxía Románica da USC ven de publicar o libro Alfonso X y otras escrituras del trovar, do catedrático da Universidad de Granada Juan Paredes, con motivo da súa xubilación. A presentación do volume terá lugar o mércores 17 de xullo, ás 12 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
A Secçao Portuguesa da AHLM organiza o coloquio Limiares Homen/Animal na Literatura e Cultura da Idade Média no Mosteiro de Tibães (Braga) do 4 ao 5 de xuño de 2020. A organización convida os investigadores en literatura medieval a revisitar o seu obxecto de estudo á luz da relación humano-animal como limiar e continuidade. O […]
A Secçao Portuguesa da AHLM ven de publicar o Noticiário n.º 192 (maio de 2019), con información de publicacións, demandas de colaboración, bolsas, encontros, cursos e outros recursos sobre literatura medieval. Máis información
Aa catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea impartirá a conferencia «Recursos electrónicos para el estudio de la lírica gallego-portuguesa» dentro do programa de doutoramento en Filoloxía e Crítica da Università degli Studi di Milano.
A investigadora do GI-1350 Románicas Tania Vázquez García, recibiu o Premio á Calidade Lingüística da USC na categoría de TFM polo traballo A representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio galego-portuguesas, dirixido por Esther Corral Díaz no Mestrado en Estudos Medievais Interdisciplinares. Imaxes, Textos e Contextos. Máis información
O profesor da Universitat Autònoma de Barcelona Antoni Rosell presentará o seu libro Flamenca. Novela occitana del siglo XIII, o vindeiro xoves 25. O acto terá lugar ás 13 , no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
Aa profesora da Université Paul-Valéry, Montpellier 3 Carmen Alén Garabato presentará o martes 23 de abril «Unha historia social das linguas románicas», un recurso dixital para o ensino da sociolingüísitica románica. O acto terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía ás 12 h. Máis información
O profesor da Università di Cagliari Maurizio Virdis impartirá o seminario «Dimensioni allegoriche nella narrativa francese medievale» o xoves 11 de abril, ás 12.30 horas. A conferencia terá lugar na Aula B10 da Facultade de Filoloxía e está organizada pola Área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas.
O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá o 7 de marzo a presentación do libroLa lingua dei trobadores, de Simone Marcenaro (Università del Molise). O acto comezará as 12.30 horas e contará coa participación de Francisco Fernández Rei (Catedrático de Filoloxía Románica) e Ramón Mariño Paz (Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa).
A Universitat de València vén de publicar o número 20 da revista en liña Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial adicada ao estudio, investigación e coñecemento da Literatura Sapiencial e as súas relacións con outros eidos da produción literaria e cultural da Idade Media. Sumario
O Instituto de Investigaciones Bibliográficas y Crítica Textual Seminario de Edición y Crítica Textual (IBICRIT-SECRIT) vén de publicar o volume 38 da publicación anual Incipit. Arquivo
O Institut d’Estudis Medievals da Universitat Autònoma de Barcelona vén de publicar o número 8 da revista en liña sobre a cultura da Coroa de Aragón Mirabilia / MedTrans. Sumario
O Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa vén de publicar o número 25 da revista en liña Medievalista. Sumario
O Departamento de Filoloxía Catalana da Universitat de València acaba de publicar o número 12 da revista dixital SCRIPTA. Revista internacional de literatura i cultura medieval i moderna. Sumario
A Facultad de Humanidades y Ciencias da Universidad Nacional del Litoral, xunto ao Proyecto PICT 2016-0612 e a Sociedad Argentina de Estudios Medievales (SAEMED) organizan as Jornadas sobre edición crítica y traducción de textos medievales: ¿al filo de la traición? o 15 e o 16 de agosto de 2019 na cidade arxentina de Santa Fé. As […]
O Departamento de Filoloxía Española da Universitat de València acaba de publicar o número 21 de Tirant (Boletín informativo e bibliográfico de literatura cabaleiresca). Sumario
O Progetto Mambrino da Università di Verona acaba de publicar o número 6 da revista dixital sobre ficción cabaleiresca castelá Historias Fingidas. Sumario
O Departamento de Filoloxía Catalana da Universitat de València acaba de publicar o quinto volume do anuario dixital de acceso aberto Magnificat Cultura i Literatura Medievals. Sumario
A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Humanidades Digitales. Miradas hacia la Edad Media, editado por Déborah González e Helena Bermúdez Sabel. O estudos compilados neste volumen amosan como as tecnoloxías dixitais poden ser aplicadas os Estudos Medievais para mellorar a comprensión das sociedades e culturas da época.
A Università de Verona organiza en setembro e outubro de 2019 o seminario Nuove prospettive sulla terza rima. O prazo para a presentación de comunicacións remata o 31 de xaneiro. Máis información
A rede de investigación CIRCULA organiza do 23 ao 25 de outubro de 2019 o Congreso Internacional ILPE 4 La mediazione di ideologie linguistiche attraverso la stampa: il caso delle lingue romanze. O prazo de presentación de comunicacións remata o 15 de xaneiro. Máis información
A Escola Lul·lística de Mallorca / Maioricensis Schola Lullistica acaba de publicar o volume 58 da revista <em>Studia Lulliana</em>, correspondente ao ano 2018. Contido
A área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela quixo manter a tradición iniciada coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García, e continuada coas que se dedicaron aos profesores Antón Santamarina e Mercedes Brea, cando os mestres acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da […]
A Fundación San Millán de la Cogolla forma parte do proxecto europeo de educación patrimonial Heritage Hubs, no que estudantes de 11 a 15 años de Finlandia, España e Serbia poderán intercambiar unha parte da súa cultura a través de medios audiovisuais. Máis información
A Universidade Federal da Paraíba acaba de crear o Grupo de Estudos Medievais Gradalis, coordinado polo profesor Guilherme Queiroz de Souza. En colaboración con outros grupos e investigadores, centrará a súa actividade na Idade Media no ensino de historia; imaxinario, cultura e relixión na Idade Media, e fontes, temas e métodos para o estudo da […]
A área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas organizan o 14 e o 15 de novembro unhas Xornadas de Lingüísitica Románica para dar a coñecer a utilidade práctica da disciplina. O encontro terá lugar no Salón de Graos e a Aula B13 da Facultade de Filoloxía da USC. Mércores 14 (Salón de Graos) […]
O profesor da Universidad de Alcalá de Henares Carlos Alvar impartirá o seminario «Acerca de la cronología de las cantigas de amor y de amigo en los Cancioneiros» o venres 9 de novembro a partir das 12 horas. A conferencia terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e está organizada pola área de Filoloxía […]
A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Voces de mujeres en la Edad Media, editado por Esther Corral dentro das actividades do proxecto de investigación Voces de mujeres en la Edad Media: realidad y ficción (siglos XII-XIV) (FFI2014-55628-P). O volume compila unha serie de estudos de especialistas ao redor de voces de mulleres medievais, […]
A cuarta entrega da base de datos bio-bibliográfica PhiloBIblon sobre textos romances escritos na Península Ibérica na Idade Media e temperán Renacemento xa está dispoñible para a súa consulta gratuíta en Internet. As catro bibliografías suman 206.509 rexistros de textos medievais escritos en español (BETA), poesía dos Séculos de Ouro (BIPA), textos antigos galegos e portugueses (BITAGAP) […]
A profesora Marie-Jeanne Verny, da Universidad de Montpelhèr 3, ofrecerá dúas conferencias sobre lingua e literatura occitanas, organizadas pola Área de Filoloxía Románica. Panorama da literatura occitana contemporánea. Martes 9 de outubro, ás 12 horas, na sala B03 da Facultade de Filoloxía. A situación sociolingüística do occitano, entre prácticas e representación. Xoves 11 de outubro, […]
Xa está dispoñible o volume 18, número 2 da Signum – Revista da ABREM, publicada pola Associação Brasileira de Estudos Medievais. O número inclúe comunicacións do coloquio 500 anos do Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente, organizado polos profesores Márcio Muniz e José Camões. Sumario
A revista Medievalista online ven de publicar o seu número 24 (xullo-decembro 2018), co seguinte índice: Resumos / Abstracts Editorial: Hoje, como na Idade Média – atrás dos tempos vêm tempos DESTAQUE Martin Codax: a história que a música conta Manuel Pedro Ferreira ARTIGOS Ensinar e Aprender na Évora Medieval André Filipe Oliveira Silva Diplomacia visual […]
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades continúa coa conmemoración dos 25 anos do seu nacemento cunha xornada temática na que rememorará o proceso de creación do centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. O programa desenvolverase no salón de actos do centro o […]
A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares organiza a conferencia El tapiz de Bayeux: Historia, arte, literatura, impartida polo profesor da Universidad de Alcalá de Henares Joaquín Rubio Tovar. O acto terá lugar o xoves 14 de xuño ás 12 horas na aula C03 da Facultade de Filoloxía.
A Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (Grupo de Estudios Históricos y Comparados en Educación Garaian y Donostia Research group on Education And Multilingualism – Dream), a École Superieure du Professorat et de l’Éducation d’Aquitaine de l’Université de Bordeaux e o laboratorio E3D, Cátedra del Patrimonio Inmaterial de Navarra de la Universidad Pública de Navarra, […]
O segundo Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas terá lugar na Universitat de Lleida os días 8 e 9 de outubro de 2018. Esta actividade busca establecer un diálogo entre propostas procedentes de áreas como a historia, a literatura, a lingüística ou as artes co fin de ofrecer unha mirada ampla, complexa e interdisciplinaria […]
A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago organizan o vindeiro 16 de abril o seminario Pensar a Idade Media, coa participación dos profesores da Universidade do Porto Celia López Alcalde (coa conferencia La teoria del conocimiento en la Escolástica medieval. Pedro Hispano (s. XIII) y su concepción de […]
A coñecida estudiosa alemá Angelica Rieger impartirá o vindeiro 25 de abril o seminario Las trobairitz occitanas y el arte de trobar en femenino na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar as 12.30 no Salón de Graos do centro e está organizada polo proxecto de investigación Voces de mulleres na Idade Media: realidade e ficción (FFI […]
Acaba de saír do prelo o número 7 da Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos (www.cancioneros.org), correspondente a este 2018 que comeza, coa seguinte táboa de contidos: Ausiàs March y los maldicientes . Robert Archer (King’s College London / Universitat de València) . Els manuscrits del Cançoner sagrat de vides de sants. Sergi Barceló i Trigueros (Universitat […]
A Associação Hispânica de Literatura Medieval publicou o novo Noticiário correspondente ao mes de xaneiro (nº169).
A Secção Portuguesa da Associação Hispânica de Literatura Medieval vén de publicar o Noticiário nº168 correspondente ao mes de novembro. Podedes consultalo aquí.
O Concello de Santiago, en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, vén de entregar os IX Premios Educacompostela, “creados para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica” […]
A Secção Portuguesa da AHLM vén de presentar o seu Noticiário número 167, do mes de outubro de 2016. Pódelo consultar aquí.
O grupo de investigación GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval) ten o pracer de presentar a monografía La expresión de las emociones en la lírica románica medieval (ISBN 978-88-6274-649-6, VIII+406 pp.), saída do prelo no mes de decembro de 2015, na colección Medioevo Ispanico da editorial Edizioni dell’Orso, con sede na cidade de Alessandria (Italia). O volume, que recolle o traballo de […]
A Asociación Hispánica de Literatura Medieval é unha asociación académica de recoñecido prestixio internacional que ten entre os seus obxectivos a promoción da investigación en literatura medieval nas distintas linguas usadas durante a Idade Media na Península Ibérica. Esta asociación reúne, dende o ano 1985, os seus membros nun congreso bienal internacional, onde se presentan […]