Towards Interoperability in the European Poetry Community: The Standardization of Philological Concepts
Este artigo está vinculado ao proxecto Poetry Standardization and Linked Open Data (POSTDATA). Como o seu nome indica, un dos obxectivos de POSTDATA é o de fornecer os medios para a publicación de datos sobre Poesía Europea (PE) como datos abertos e ligados (comunmente denominados LOD, Linked Open Data, pola súa sigla en inglés). Por tanto, un dos pasos máis importantes do proxecto consiste no desenvolvemento dun perfil de aplicación de metadatos (PAM) que a comunidade da PE asuma como modelo semántico común. Este PAM permitirá a interoperabilidade entre os membros desa comunidade en particular, máis tamén mellorará a interoperabilidade desta comunidade científica con outros contextos máis xerais (como por exemplo, o dos rexistros bibliográficos). Este artigo presenta a metodoloxía seguida durante o proceso de definición dos conceptos do modelo de datos do contexto do PAM, así como algúns dos problemas xurdidos durante o proceso de etiquetado de termos filolóxicos.