Confusiones gráficas y errores en la traducción gallega de Giordano Ruffo

Este traballo afronta o problema de determinar a procedencia do erro textual na edición dunha tradución, pois a metodoloxía impón que só deben corrixirse aqueles erros que poden atribuirse ao copista. Estúdanse algunhas leccións do manuscrito que transmite a tradución gallega de Giordano Ruffo (posta, braços, tolleras, leure, gema, follas, amado), que, malia seren correctas, deben interpretarse como erros cometidos polo copista como consecuencia da semellanza gráfica coas formas presumiblemente boas e lexítimas (pasta, braças, tallarás, louro, goma, fallas, a medio).