Tódalas entradas de FilRom

Coloquio “L’espai trobadoresc i les dones. Autores, mecenes, representacions”

Mar, 03/05/2024  Lugar Institut d’Estudis Catalans / Universitat de Barcelona Relatores Meritxell Simó Esther Corral Programa Dimarts 5 de març Sala Nicolau d’Olwer de l’Institut d’Estudis Catalans (C/ del Carme 47) 17:00-17:30. Inauguració: a càrrec de la Presidenta de l’IEC, Teresa Cabré i Castellví, amb intervencions de Ramon Pinyol i Torrents (President de la Secció […]

Seminario Mulleres con poder: abadesas e monxas cistercienses en Portugal

Mulleres con poder: abadesas e monxas cistercienses en Portugal.  Profesor: Luís Rêpas (Universidade de Coimbra -CHSC- / Instituto de Estudos Medievais -NOVA/FCSH-) Lugar: Aula 13 (Facultade de Xeografía e Historia) Día: 7 de febreiro Horas: 16 a 18 h. Organiza: GI-1350 (Románicas) Actividade formativa, desenvolta no marco do proxecto Voces, espacios y representaciones femeninas en […]

Seminario Violencia feminina na Idade Media

  Abel Lorenzo Rodríguez (USC) Unha serie de catastróficas desgrazas? Fontes e recursos para o estudo da violencia feminina na Idade Media   Araceli Luna Magariños (USC – UFRJ – Brasil) “Per vus dizer meu mal ascondudo”: mulleres e violencia nas cantigas galego-portuguesas   Día: 20 de decembro de 2022 (11 h. a 13 h.) […]

Afonso X e Galicia

Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan transcendental para a historia e as letras hispánicas do século XIII como é a de Afonso X. Non obstante, cando o especialista se achega a súa figura, bate cunha zona de sombras que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en […]

Presentación da Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (PalMed)

PalMed (www.cirp.gal ) é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. A súa finalidade é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico. Co obxectivo de que a realidade “material” dos manuscritos […]

Congreso Límites? Sobre a permeabilidade dos espazos limítrofes

A Università di Siena organiza o 28 e 29 de maio de 2020 o Congreso Límites? Sobre a permeabilidade dos espazos limítrofes, que abordará o concepto de «límite» nos textos literarios románicos compostos ata finais do século XIV desde tres niveles específicos: os límites entre xéneros e contaminacións estilísticas, as isoglosas e as linguas fronteirizas […]

Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica

O volume Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica, coordinado por Mariña Arbor, ofrece unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha […]

Vientos del Este, Vientos del Oeste: influencias mutuas nos albores da lírica trobadoresca peninsular

O seminario Vientos del Este, Vientos del Oeste: influencias mutuas nos albores da lírica trobadoresca peninsular, abordará o xoves 24 de outubro na Facultade de Filoloxía a cuestión do mecenádego e actividade cultural promovida nas cortes catalano-aragonesas e  nas grandes casas nobiliarias do noroeste peninsular durante a plena Idade Media, sinalando aqueles trobadores que puideron […]

ArGaMed 1/2019. O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica

O primeiro número da serie dixital ArGaMed, O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica, de Elvira Fidalgo Francisco e Antonio Fernández Guiadanes, está dispoñible para a su consulta na web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.   A publicación ofrece a transcrición paleográfica do Manuscrito de Florencia das Cantigas […]

VIII Congreso de La Semyr en Santiago de Compostela

O VIII Congreso de la Semyr terá lugar do 2 o 4 de setembro de 2020 en Santiago de Compostela baixo o título La trama del texto. Fuentes literarias y cultura escrita en la Edad Media y el Renacimiento. O prazo para a presentación de comunicacións permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2019. Máis […]

Conferencia de Mercedes Brea en Milán

Aa catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea impartirá a conferencia «Recursos electrónicos para el estudio de la lírica gallego-portuguesa» dentro do programa de doutoramento en Filoloxía e Crítica da Università degli Studi di Milano.

Premio á Calidade Lingüística para o TFM de Tania Vázquez

A investigadora do GI-1350 Románicas Tania Vázquez García, recibiu o Premio á Calidade Lingüística da USC na categoría de TFM polo traballo A representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio galego-portuguesas, dirixido por Esther Corral Díaz no Mestrado en Estudos Medievais Interdisciplinares. Imaxes, Textos e Contextos.  Máis información

Unha historia social das linguas románicas

Aa profesora da Université Paul-Valéry, Montpellier 3 Carmen Alén Garabato presentará o martes 23 de abril «Unha historia social das linguas románicas», un recurso dixital para o ensino da sociolingüísitica románica. O acto terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía  ás 12 h. Máis información

Seminario de Maurizio Virdis sobre narrativa francesa medieval

O profesor da Università di Cagliari Maurizio Virdis  impartirá o seminario «Dimensioni allegoriche nella narrativa francese medievale» o xoves 11 de abril, ás 12.30 horas. A conferencia terá lugar na Aula B10 da Facultade de Filoloxía e está organizada pola  Área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas.

Presentación do libro de Simone Marcenaro La lingua dei trobadores

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá o 7 de marzo a presentación do libroLa lingua dei trobadores, de Simone Marcenaro (Università del Molise). O acto comezará as 12.30 horas e contará coa participación de Francisco Fernández Rei (Catedrático de Filoloxía Románica) e Ramón Mariño Paz (Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa).

Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial 20

A Universitat de València vén de publicar o número 20 da revista en liña Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial adicada ao estudio, investigación e coñecemento da Literatura Sapiencial e as súas relacións con outros eidos da produción literaria e cultural da Idade Media. Sumario

Incipit 38

O Instituto de Investigaciones Bibliográficas y Crítica Textual Seminario de Edición y Crítica Textual (IBICRIT-SECRIT) vén de publicar o volume 38 da publicación anual Incipit. Arquivo

Mirabilia / MedTrans 8

O Institut d’Estudis Medievals da Universitat Autònoma de Barcelona vén de publicar o número 8 da revista en liña sobre a cultura da Coroa de Aragón Mirabilia / MedTrans. Sumario

Medievalista 25

O Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa vén de publicar o número 25 da revista en liña Medievalista.  Sumario

Tirant 21

O Departamento de Filoloxía Española da Universitat de València acaba de publicar o número 21 de Tirant (Boletín informativo e bibliográfico de literatura cabaleiresca). Sumario

Historias Fingidas 6

O Progetto Mambrino da Università di Verona acaba de publicar o número 6 da revista dixital sobre ficción cabaleiresca castelá Historias Fingidas. Sumario

Publicación de Humanidades Digitales. Miradas hacia la Edad Media

A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Humanidades Digitales. Miradas hacia la Edad Media, editado por Déborah González e Helena Bermúdez Sabel.   O estudos compilados neste volumen amosan como as tecnoloxías dixitais poden ser aplicadas os Estudos Medievais para mellorar a comprensión das sociedades e culturas da época.

Studia Lulliana 58 (2018)

A Escola Lul·lística de Mallorca / Maioricensis Schola Lullistica acaba de publicar o volume 58 da revista <em>Studia Lulliana</em>, correspondente ao ano 2018. Contido

Homenaxe a Francisco Fernández Rei e Manuel González González

­ A área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela quixo manter a tradición iniciada coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García, e continuada coas que se dedicaron aos profesores Antón Santamarina e Mercedes Brea, cando os mestres acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da […]

Gradalis – Grupo de Estudos Medievais de la UPFB

A Universidade Federal da Paraíba acaba de crear o Grupo de Estudos Medievais Gradalis, coordinado polo profesor Guilherme Queiroz de Souza. En colaboración con outros grupos e investigadores, centrará a súa actividade na Idade Media no ensino de historia; imaxinario, cultura e relixión na Idade Media, e fontes, temas e métodos para o estudo da […]

Xornadas de Lingüísitica Románica

A área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas organizan o 14 e o 15 de novembro unhas Xornadas de Lingüísitica Románica para dar a coñecer a utilidade práctica da disciplina. O encontro terá lugar no Salón de Graos e a Aula B13 da Facultade de Filoloxía da USC.   Mércores 14 (Salón de Graos) […]

Seminario de Carlos Alvar na Facultade de Filoloxía

O profesor da Universidad de Alcalá de Henares Carlos Alvar impartirá o seminario «Acerca de la cronología de las cantigas de amor y de amigo en los Cancioneiros» o venres 9 de novembro a partir das 12 horas. A conferencia terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e está organizada pola área de Filoloxía […]

Publicación de Voces de Mujeres en la Edad Media

A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Voces de mujeres en la Edad Media, editado por Esther Corral dentro das actividades do proxecto de investigación Voces de mujeres en la Edad Media: realidad y ficción (siglos XII-XIV) (FFI2014-55628-P).   O volume compila unha serie de estudos de especialistas ao redor de voces de mulleres medievais, […]

Cuarta entrega da base de datos PhiloBIblon

A cuarta entrega da base de datos bio-bibliográfica PhiloBIblon sobre textos romances escritos na Península Ibérica na Idade Media e temperán Renacemento xa está dispoñible para a súa consulta gratuíta en Internet. As catro bibliografías suman 206.509 rexistros de textos medievais escritos en español (BETA), poesía dos Séculos de Ouro (BIPA), textos antigos galegos e portugueses (BITAGAP) […]

Conferencias de Marie-Jeanne Verny sobre lingua e literatura occitanas

A profesora Marie-Jeanne Verny, da Universidad de Montpelhèr 3, ofrecerá dúas conferencias sobre lingua e literatura occitanas, organizadas pola Área de Filoloxía Románica. Panorama da literatura occitana contemporánea. Martes 9 de outubro, ás 12 horas, na sala B03 da Facultade de Filoloxía. A situación sociolingüística do occitano, entre prácticas e representación. Xoves 11 de outubro, […]

Signum – Revista da ABREM 18 (2)

Xa está dispoñible o volume 18, número 2 da Signum – Revista da ABREM, publicada pola Associação Brasileira de Estudos Medievais. O número inclúe  comunicacións do coloquio 500 anos do Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente, organizado polos profesores Márcio Muniz e José Camões. Sumario

Número 24 de Medievalista online

A  revista Medievalista online ven de publicar o seu número 24 (xullo-decembro 2018), co seguinte índice: Resumos / Abstracts Editorial: Hoje, como na Idade Média – atrás dos tempos vêm tempos DESTAQUE Martin Codax: a história que a música conta Manuel Pedro Ferreira ARTIGOS Ensinar e Aprender na Évora Medieval André Filipe Oliveira Silva Diplomacia visual […]

A creación e importancia do CIRP desde distintos ángulos

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades continúa coa conmemoración dos 25 anos do seu nacemento cunha xornada temática na que  rememorará o proceso de creación do centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. O programa desenvolverase no salón de actos do centro o […]

El tapiz de Bayeux: historia, arte, literatura

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares organiza a conferencia El tapiz de Bayeux: Historia, arte, literatura, impartida polo profesor da Universidad de Alcalá de Henares Joaquín Rubio Tovar. O acto terá lugar o xoves 14 de xuño ás 12 horas na aula C03 da Facultade de Filoloxía.

Congreso Lengas, patrimòni e identitats. Perspectiva educativa

A Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (Grupo de Estudios Históricos y Comparados en Educación Garaian y Donostia Research group on Education And Multilingualism – Dream), a École Superieure du Professorat et de l’Éducation d’Aquitaine de l’Université de Bordeaux e o laboratorio E3D, Cátedra del Patrimonio Inmaterial de Navarra de la Universidad Pública de Navarra, […]

Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas

O segundo Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas terá lugar na Universitat de Lleida os días 8 e 9 de outubro de 2018. Esta actividade busca establecer un diálogo entre propostas procedentes de áreas como a historia, a literatura, a lingüística ou as artes co fin de ofrecer unha mirada ampla, complexa e interdisciplinaria […]

Seminario Pensar a Idade Media

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago organizan o vindeiro 16 de abril o seminario Pensar a Idade Media, coa participación dos profesores da Universidade do Porto Celia López Alcalde  (coa conferencia La teoria del conocimiento en la Escolástica medieval. Pedro Hispano (s. XIII) y su concepción de […]

Seminario de Angelica Rieger sobre as trobairitz occitanas

A coñecida estudiosa alemá Angelica Rieger impartirá o vindeiro 25 de abril o seminario Las trobairitz occitanas y el arte de trobar en femenino na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar as 12.30 no Salón de Graos do centro e está organizada polo proxecto de investigación Voces de mulleres na Idade Media: realidade e ficción (FFI […]

Número 7 da Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos

Acaba de saír do prelo o número 7 da Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos (www.cancioneros.org), correspondente a este 2018 que comeza, coa seguinte táboa de contidos: Ausiàs March y los maldicientes
. Robert Archer (King’s College London / Universitat de València)

. Els manuscrits del Cançoner sagrat de vides de sants.
 Sergi Barceló i Trigueros (Universitat […]

Tania Vázquez mención especial nos IX Premios Educacompostela

O Concello de Santiago, en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, vén de entregar os IX Premios Educacompostela, “creados para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica” […]

Nova publicación do grupo de investigación GI-1350 Románicas

O grupo de investigación GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval) ten o pracer de presentar a monografía La expresión de las emociones en la lírica románica medieval (ISBN 978-88-6274-649-6, VIII+406 pp.), saída do prelo no mes de decembro de 2015, na colección Medioevo Ispanico da editorial Edizioni dell’Orso, con sede na cidade de Alessandria (Italia).     O volume, que recolle o traballo de […]

Dúas profesoras da Área de Filoloxía Románica membros da nova Xunta Directiva da Asociación Hispánica de Literatura Medieval

A Asociación Hispánica de Literatura Medieval é unha asociación académica de recoñecido prestixio internacional que ten entre os seus obxectivos a promoción da investigación en literatura medieval nas distintas linguas usadas durante a Idade Media na Península Ibérica. Esta asociación reúne, dende o ano 1985, os seus membros nun congreso bienal internacional, onde se presentan […]