El tratado de veterinaria de Giordano Ruffo: para la enmienda de algunos simplices de la traducción gallega
Este artigo amosa a importancia dun rigoroso establecemento textual para a realización de estudos lingüísticos (e particularmente léxicos). En concreto, estúdase un conxunto de voces referidas a simplices medicinais da tradución galega de Giordano Ruffo que presentan erros de copia no manuscrito que a transmite, segundo proban outras pezas da tradición do De medicina equorum. O traballo proporciona a lectura correcta duns termos (savina, escabiosa, citrangulo, atramento) que os estudosos interpretaron ás veces de forma equivocada e que terían nese texto a súa primera, cando non única, documentación.