-
Máster
O Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos (P5091V01) é unha oferta de mestrado única no Sistema Universitario de Galicia. O título foi verificado pola Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ID Verifica 1485/2009 – ID MEC 4311760) e conta co informe favorable de seguimento da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), dous recoñecementos oficias que acreditan a calidade deste título universitario.
O plan de estudos (60 ECTS) desenvólvese, en xornada de tarde (16h00 – 20h30), ao longo dun único curso académico e está dividido en tres módulos nos cales se agrupan as diferentes materias obrigatorias e optativas.
Cunha orientación investigadora, o Máster dá acceso ao Programa de Doutoramento en Estudos Medievais (RD 199/2011) da USC, cuxo xermolo hai que procuralo, entre outros, nos vellos programas de doutoramento A Idade Media: Imaxes, textos e contextos (RD 778/1998) e Filoloxía Románica (RD 1393/2007) que recibiron, respectivamente, os recoñecementos oficiais de Mención de Calidad por el MEC (MCD 2005-00241, cursos académicos do 2006-2007 ao 2008-2009) e de Mención hacia la Excelencia del MECD (MEE2011-0660, cursos académicos do 2011-2012 ao 2013-2014).
O mestrado profunda no estudo da Idade Media europea desde unha perspectiva lingüística, estética, artística, literaria, histórica e social, tendo presente a importancia do contexto histórico-cultural no que se enmarcan as manifestacións concretas que se estudan, sempre desde una perspectiva interdisciplinar. Ademais, o máster permite que os estudantes se introduzan no campo de estudo das humanidades dixitais.
Para calquera outra información sobre o Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos, rogamos contacten co coordinador académico:
e-mail: jose.carracedo@usc.es
Teléf.: +34 8818 11881
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Filoloxía – 441
Avda. Castelao, s/n
15782 – Santiago de Compostela
-
Obxectivos e Competencias
-
Criterios
O Máster está dirixido fundamentalmente a egresados que proceden das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. Aínda así, a súa estrutura facilita o acceso de calqueralicenciado (300 ECTS) ou graduado (240 ECTS) doutras titulacións, sobre todo do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais, que desexe completar a súa formación no ámbito dos estudos medievais.
O perfil de ingreso que se procura é o dun alumno interesado en profundar no estudo da Idade Media europea, desde unha perspectiva artística, filolóxica, histórica, lingüística ou literaria, mais sempre consciente de que, antes de centrar o seu interese nun aspecto concreto, debe coñecer de forma suficiente o contexto histórico-cultural no que se enmarcan as manifestacións concretas que desexa estudar, para establecer as oportunas relacións.
Titulacións por orde de preferencia:
- Licenciaturas ou Graos en Filoloxía (en todas as especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades.
- Licenciatura en Xeografía e Filosofía. Diplomados en Documentación.
- Outras titulacións das ramas de Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas.
A USC aplica a este mestrado os criterios xerais de matrícula.
Para máis información:
e-mail: jose.carracedo@usc.es
Teléf.: +34 8818 11881
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Filoloxía – 441
Avda. Castelao, s/n
15782 – Santiago de Compostela
-
Matrícula
–Prazas
Número total de prazas: 25
Número máximo de prazas ordinarias: 20
Número máximo de prazas para estranxeiros: 5
Número máximo de prazas a tempo parcial: 4
–Prazos
Solicitude de praza: 07/07/2014 ao 06/08/2014
Publicación adxudicación de prazas: 11/08/2014
Matrícula admitidos: 12/08/2014 ao 21/08/2014
Matrícula en vacantes para alumnos da listaxe de agarda: 26/08/2014 ao 29/08/2014
Matrícula en vacantes para mestrados sen listaxe de agarda: 26/08/2014 ao 19/09/2014
Para máis información, consulte as seguintes ligazóns ás páxinas oficiais correspondentes:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/plmas45.pdf
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/mcxg.pdf
–Prezos
Máster “Epígrafe B” (ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas): 21,61€ (por crédito) – 1296,60€ (por curso de 60 créditos)
O alumnado externo á UE non residente: 3650€ (por curso de 60 créditos)
Taxas administrativas: 28,22€
Taxas administrativas para maiores de 28 anos: 42,10€
Para máis información, consulte a seguinte ligazón á páxina oficial:
https://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/m14-15.pdf
-
Módulos
O programa académico do mestrado ten unha duración académica de un ano. Para obter o título, é preciso superar un total de 60 ECTS, distribuídos en dous semestres. As actividades docentes desenvólvense ao longo dun curso académico en xornada de tarde, entre as 16h00 e as 20h30. As linguas de impartición son o castelán e o galego.
O plan de estudos do mestrado está formado por tres módulos dentro dos cales se agrupan as diferentes materias. No 1º semestre, o alumnado cursará as materias obrigatorias (30 ECTS) e, no 2º semestre, o estudante poderá escoller tres materias optativas (18 ECTS), entre as sete que se ofertan (42 ECTS). Por último, deberá realizar un Traballo de fin de máster (12 ECTS).
Deseguido lístanse as materias que configuran cada un dos tres módulos. Poden acceder á guía docente de cada materia premendo no nome da mesma.
A) MATERIAS OBRIGATORIAS (30 ECTS)
1. Fundamentos metodolóxicos e novas tecnoloxías (6 ECTS)
- Carracedo Fraga, José (coordinador)
- Díez Platas, M.ª de Fátima
- Fraga Sampedro, M.ª Dolores
- Jiménez Gómez, Santiago
2. A Europa medieval. Perspectiva histórico-social (6 ECTS)
3. Arte medieval europea (6 ECTS)
- Chao Castro, David (coordinador)
- Fernández Rodríguez, Begoña
4. Cultura escrita en latín na Idade Media (6 ECTS)
- Anguita Jaén, José M.ª
- Vázquez Buján, Manuel Enrique (coordinador)
5. Literatura medieval en linguas vernáculas (6 ECTS)
- Corral Díaz, Esther (coordinadora)
- González Miranda, Emilio
- López Martínez-Morás, Santiago
- Lorenzo Gradín, Pilar
B) MATERIAS OPTATIVAS (18 ECTS de 42 ECTS)
1. A escritura e o escrito na Idade Media (6 ECTS)
- Fernández Suárez, Gonzalo Francisco
- López Casas, Maria Mercè
- Suárez González, Ana Isabel (coordinadora)
2. A Igrexa e a espiritualidade medieval (6 ECTS)
- Cendón Fernández, Marta
- Fidalgo Francisco, Elvira
- Fraga Sampedro, M.ª Dolores (coordinadora)
- López Alsina, Fernando
3. Sociedade medieval e cultura cortés (6 ECTS)
- Arbor Aldea, Mariña
- Cendón Fernández, Marta
- Fernández Campos, Francisco José
- Ríos Rodríguez, María Luz
- Sánchez Ameijeiras, Rocío (coordinadora)
4. O mundo clásico na Idade Media (6 ECTS)
5. Mitos e figuras no imaxinario medieval (6 ECTS)
- García Fernández, Manuel
- López Martínez-Morás, Santiago (coordinador)
- Morán Cabanas, Isabel
- Sánchez Ameijeiras, Rocío
6. Viaxes e peregrinacións na Idade Media (6 ECTS)
- Barral Rivadulla, M.ª Dolores
- Domínguez Ferro, Ana María (coordinadora)
- González Fernández, M.ª Isabel
- López Martínez-Morás, Santiago
7. Feudalismo, territorio e poder (6 ECTS)
C) TRABALLO DE FIN DE MÁSTER (12 ECTS)
–Calendario cos prazos aprobados: Calendario do TFM [pdf, 49 KB, en galego]
–Tribunal avaliador dos TFM para o curso académico 2014-2015: Tribunal avaliador [pdf, 18 KB, en galego]
-
Horario
Prema aquí para consultar o horario desglosado para o curso académico 2014-2015.
-
Profesorado
O profesorado do mestrado pertence a grupos de investigación consolidados do Sistema Universitario de Galicia, de recoñecido prestixio, tanto nos ámbitos docente e investigador, coma no eido da xestión universitaria. As súas traxectorias axústanse, por tanto, ao perfil das materias que configuran a oferta docente do programa.
O recoñecemento e experiencia dos distintos grupos de investigación aos que están vinculados os docentes do título permite, aos estudantes que desexen completar un programa de doutoramento na USC, o acceso ás bolsas e contratos predoutorais convocadas pola Xunta de Galicia (Predoutorais I2C), o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (FPU) e o Ministerio de Economía y Competitividad (FPI).
Na seguinte listaxe detállase o profesorado do mestrado, e a facultade e departamento ao que pertencen. Se premen no nome, poderán coñecer o horario detallado da docencia de cada profesor e aos seus datos de contacto.
- Andrade Cernadas, José Miguel (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- Anguita Jaén, José M.ª (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Latina)
- Arbor Aldea, Mariña (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Barral Rivadulla, M.ª Dolores (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Barros Guimeráns, Carlos (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- Brea López, Mercedes (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Carracedo Fraga, José (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Latina)
-
Castro Caridad, Eva María (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Latina)
- Cendón Fernández, Marta (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Chao Castro, David (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Corral Díaz, Esther (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Díaz de Bustamante, José Manuel (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Latina)
- Díez Platas, M.ª de Fátima (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Domínguez Ferro, Ana María (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Italiana)
- Domínguez Prieto, César Pablo (Facultade de Filoloxía – T.ª da Lit. e Lit. Comparada)
- Fernández Campo, Francisco José (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Fernández Rodríguez, Begoña (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Fernández Suárez, Gonzalo Francisco (Fac. de Xeografía e Historia – C. e T. Historiográficas)
- Fidalgo Francisco, Elvira (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Fraga Sampedro, M.ª Dolores (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- García Fernández, Manuel (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Francesa)
- González Fernández, M.ª Isabel (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Italiana)
- González Miranda, Emilio (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Alemá)
- Gutiérrez García, Santiago (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Jiménez Gómez, Santiago (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- López Alsina, Fernando (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- López Casas, Maria Mercè (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Catalá)
- López Martínez-Morás, Santiago (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
- Lorenzo Gradín, Pilar (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Románica)
-
Millet Schröder, Víctor (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Alemá)
- Morán Cabanas, Isabel (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Galega e Portuguesa)
- Portela Silva, Ermelindo (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- Ríos Rodríguez, María Luz (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
- Sánchez Ameijeiras, Rocío (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
- Sanmartín Barros, Israel (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª Medieval)
-
Souto Cabo, José Antonio (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Galega e Portuguesa)
- Suárez González, Ana Isabel (Facultade de Xeografía e Historia – C. e T. Historiográficas)
- Vázquez Buján, Manuel Enrique (Facultade de Filoloxía – Filoloxía Latina)
- Vázquez Castro, Julio (Facultade de Xeografía e Historia – H.ª da Arte)
-
Comisión Académica
- Decana da Facultade de Filoloxía:
- Decano da Facultade de Xeografía e Historia:
- Coordinador do máster:
-
Responsable da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos
(Facultade de Filoloxía): Vázquez Docampo, Josefa (josefa.vazquez@usc.es)
- Representantes do profesorado:
- Representantes do alumnado:
- Collazo Rodríguez, Óscar (oscar.collazo@rai.usc.es)
- Martín Fernández, Ana (ana.martin.fernandez@rai.usc.es)