Madrid-Estocolmo-Londres-New York: as etapas da longa viaxe do Pergamiño Vindel

No presente traballo trázase a historia do Pergamiño Vindel desde que foi descuberto, na primeira década do século XX, ata que foi adquirido, en 1977, pola Pierpont Morgan Library & Museum. Con este obxectivo percórrense as tres grandes etapas da súa viaxe, que pasan por Madrid, cidade en que aparece vinculado á figura do libreiro Pedro Vindel, responsable do seu achado; Estocolmo, a onde chegou da man de Rafael Mitjana, o seu primeiro comprador, e onde permaneceu ata 1961, ano en que foi poxado e adquirido por Albi Rosenthal, que estaba afincado en Londres, e Nova Iork, destino a que finalmente chegou tras serlle vendido por Rosenthal á Morgan Library en 1977.